Resultado Eleccións COAG 2013

Tras a celebración das eleccións ao Colexio de Arquitectos de Galicia amosase a continuación a composición provisional da Xunta de Goberno. Indicase o numero de votos de cada un dos candidatos asi como a difereza co seguinte. Dende DebateCOAG queremos salientar a altisima participación (casi 1000 persoas) e felicitar aos que resultaron elexidos. Desexamos que agora a nova Xunta de Goberno poida afrontar o complicado momento no que se atopa o colectivo.

Decano-Presidente:  Antonio Maroño Cal. 495 votos (+133)

Secretario: José Luis Sanmiguel Guerreiro. 482 votos (+174)

Tesoureiro-Contador: Carlos Rodríguez de la Torre. 479 votos (+160)

Vocal: Elvira Carregado Pazos. 493 votos

Vocal: Alfredo Díaz Grande. 474 votos

Vocal: Xosé Manuel López Leira. 473 votos (+179)

Vocal en representación Delegación A Coruña: Cristóbal Crespo González. 451 votos (+244)

Vocal en representación Delegación Vigo: . José Manuel Rosales Noves. 571 (+339)

Presidente da Delegación de A Coruña:  Carlos Pita Abad.

Presidente da Delegación de Lugo: Raúl J. Veiga Lamelas.

Presidente da Delegación de Ourense: José Jaime Vázquez Iglesias.

Presidente da Delegación de Pontevedra: Manuel Abelleira Argibay.

Presidente da Delegación de Vigo: Antonio Davila Alonso.

Presidenta da Delegación de Santiago: Ana Domínguez Laíño.

Presidente da Delegación de Ferrol:  Ramón Montero Cereijo.

Enquisa e gravacións das candidaturas

mesa_coagDende DebateCOAG propuxose unha enquisa a todas as candidaturas nas eleccións do COAG e durante os pasados días foronse engandido as respostas de todas elas. A continuación enlazase o cuestionario completo para facilitar premer naquelas cuestións que máis interese poidan ter para cada un e acceder directamente as respostas dos candidatos.

Por outra banda está dispoñible o audio do acto de presentacións de candidaturas que se celebrou no CGAC (agas o da candidatura que non permitiu a súa difusión). Tamén este luns e martes faranse actos de presentacións de candidaturas nas delegacións de A Coruña e Vigo.

Con toda esta información coidamos que é posible ter unha idea clara á hora de exercer o voto o vindeiro mercores 20 de Marzo. Agardamos que esta importante movilización previa as eleccións, anime á maioria de colexiados a achegarse a súa delegación para poder votar (entre as 10:00 e as 17:00h) e, especialmente, a seguir participando no colexio a partir do día 21 de Marzo.

BLOQUE 01: SOCIEDADE.

01. ¿Cales credes que deben ser os mecanísmos ou accións para mellorar a comunicación coa sociedade?

02. ¿Cales serían as vosas esixencias na planificación urbana e territorial? 

03. Se credes que o colexio debe posicionarse en temas sociais como a especulación inmobiliaria, a corrupción urbanistica ou os desafiuzamentos ¿Cal vai ser a vosa posición?

BLOQUE 02: COLEXIO.

04. ¿En que medida credes que é posible reducir o número de traballadores do COAG e cal sería o mellor mecanismo para facelo?

05. ¿Credes que o COAG, como minimo, debe ter sete delegacións, catro (unha por provincia), duas (norte e sur) ou so unha sede central?

06. ¿Credes que é necesario que as delegacións teñan traballadores contratados de xeito permanente?

07. ¿Algún dos membros da candidatura ten actualmente algunha relación laboral, puntual ou periodica, co colexio?

08. ¿Credes que deben ser públicos os honorarios e dietas dos representantes na xunta de goberno e nas delegacións?

09. ¿Que credes qué é convinte facer co patrimonio inmobiliario do colexio en corto ou medio prazo?

10. ¿Credes que o colexio debe organizar cursos de formación, elaborar programas informaticos e/ou promover actividades culturais?

11. ¿Estades a favor de eliminar o voto delegado e sustituilo polo voto dixital?

12. ¿Credes que se debe incrementar, manter ou reducir o papel da Asamblea na toma de decisións colexiais?

13. ¿Qué credes que se debe mellorar no actual visado dixital?

BLOQUE 03: PROFESION.

14. ¿Credes que a comisión deóntoloxica debería admitir todas as denuncias anónimas contra colexiados é investigalas en profundidade?

15. ¿Cál é a vosa posición con respecto ao recente borrador da Ley de Servicios Profesionais?

16. ¿Considerades conveniente a existencia dunha regulación mínima de honorarios de cara á súa incidencia na calidade do exercicio da profesión?

17. ¿Cómo debe ser a relación coa Escola de Arquitectura?

18. ¿Como credes que é posible aumentar a implicación dos arquitectos, en especial dos máis novos ou incluso os que non están colegiados?

19. ¿Cal é a vosa posición e que iniciativas propoñedes en relación a figura do ‘falso autónomo’ e as colaboracións laborais precarias?

+1 ¿Ata que punto credes que é posible realizar todo o que plantexades nas respostas as preguntas anteriores e vos comprometedes a cumplilo?

+1 ¿Ata que punto credes que é posible realizar todo o que plantexades nas respostas as preguntas anteriores e vos comprometedes a cumplilo?

RenuevaConga (David Sarmiento): Eso es imposible de asegurar, ahora mismo, puesto que no conocemos (debido a las versiones contradictorias) la situación real del colegio, que será la que marque los tiempos en la toma de decisiones.

CandidaturaCoag (Carlos Quintáns): O prazo do que dispoñemos é moi reducido, pero cremos que podemos cumprir con todo e deixar un colexio saneado e cheo de optimismo. Un colexio novo. Un colexio profesional ten a súa razón de ser no longo prazo, tanto no negativo coma no positivo. A tremenda desafección dos mozos con este colexio é algo que se foi materializando durante dúas décadas, sería banal dicir que todo iso se cambia nunhas horas. Queremos poñer novas bases que outros han de continuar para reverter o que é evidente: que os novos arquitectos non están no seu colexio.

JoseBar+XoseAllegue (Jose Bar): Todo o noso programa é cumplible, ainda que nun periodo de dous anos non será posible facelo completamente. O importante será comenzar a camiñar nas direccións trazadas. So hai que ter adicación, xenerosidade , valentia sentido ético e independencia. Por iso é tan difícil elixir un bó decano, e por iso presentamos a nosa candidatura, porque modestamente, creemos reunir isas cualidades no grado suficiente.

RefundaciónCoag (Pablo Chao): Estamos convencidos de que todo lo que planteamos además de ser posible es lo mejor para el colegio. En cuanto al compromiso de cumplirlo sería un compromiso en falso, porque ni la junta de gobierno ni menos el decano pueden llevar la mayor parte de lo propuesto sin el apoyo de la asamblea a estas decisiones. En nuestro colegio es la asamblea quien decide como además hemos visto recientemente, y será la asamblea la que escoja por qué camino quiere ir.

Decidetucoag (Antonio Maroño): Algúns dos membros desta candidatura levamos case dous anos intentando axudar a cambiar as cousas. Somos un grupo grande, ao que cando se suma a vontade dos colegiados ten unha voz potente, neste proceso debemos apreciar as consecuencias positivas que todos podemos compartir, participación por encima de 1000 votos nunha asemblea, debate interno moi importante, presenza de 5 candidaturas a encabezar a Xunta de Goberno e un proceso vivo de eleccións para renovar os nosos órganos de goberno. Parece que nada se move, e estase movendo todo, empezando polo interese dos colexiados no seu colexio. Agora, nós vemos que o colexio ten potencialidades para axudar a resolver os problemas de todos, e moitos nos puxemos a traballar para iso, con todo o noso compromiso. Son tempos moi ilusionantes.

Vocal. Jorge Duarte: Eu creo que é posible e de feito en todos os puntos anteriores tíñanse realizado traballos para avanzar n aliña do contestado. Por último, para min falta unha pregunta neste cuestionario, que sería a necesidade de mellorar a comunicación cos colexiados. Aínda que se fixeron moitos avances, como a creación dun perfil de Facebook e a actualización constante da web, non fomos capaces de transmitir o traballo que se estaba realizando aos colexiados.

Vocal. Fran Rodriguez: Como CANDIDATURA INDEPENDIENTE ME COMPROMETO A DEFENDER estas ideas en la Junta de Gobierno, aunque en el plazo de tiempo marcado creo que será difícil ejecutarlas todas y habrá que establecer prioridades. En especial recuperar la sostenibilidad del colegio y el prestigio de la profesión.

19. ¿Cal é a vosa posición e que iniciativas propoñedes en relación a figura do ‘falso autónomo’ e as colaboracións laborais precarias?

RenuevaConga (David Sarmiento): La vigilancia de la aplicación de la legislación laboral vigente.

CandidaturaCoag (Carlos Quintáns): O precario non debería estar no noso vocabulario. O traballo débese realizar con dignidade.

JoseBar+XoseAllegue (Jose Bar): O colexio favorecerá a o adecuado  reparto do traballo público, e regulará o traballo máximo que pode realizar un único profesional, obrigando á contratación de colaboradores en condicións dignas, tal e como se fai noutras profesións e en moitos paises europeos.

RefundaciónCoag (Pablo Chao): La realidad es que la situación económica y laboral actual es difícil y dura, y por más que cueste reconocerlo la realidad nos apunta que no va a cambiar a medio plazo. No es ser pesimista sino realista. Creemos que son prácticas equivocadas y que e camino pasa por la colaboración entre compañeros, la asociación, etc., y que es fundamental el informe sobre el costo de los trabajos, porque indirectamente el causante de la mayor parte de esos problemas es que se están haciendo trabajos por debajo de costo y asi es imposible hacer nada bien, además de provocar estas situaciones injustas.

Decidetucoag (Antonio Maroño): O caso do falso autónomo é o exemplo do precario da situación laboral de moitos compañeiros; debemos propoñer medidas que axuden á estabilidade laboral e a xerar máis emprego real.

Vocal. Jorge Duarte: Evidentemente, temos que actuar contra o contratador que incumpre a lexislacion laboral. En novembro de 2012 incluise específicamente como falta

deontolóxica a contratación irregular dentro dos estatutos do CSCAE e así está reflexada na proposta de novos estatutos do COAG presentada en decembro.

Vocal. Fran Rodriguez: Crear un CONVENIO DE ESTUDIOS DE ARQUITECTURA PROPIO, mejorar los convenios actuales, asesorar a los nuevos profesionales sobre sus derechos laborales, apoyar la profesionalización del sector, y cumplir la legislación vigente escrupulosamente.

18. ¿Como credes que é posible aumentar a implicación dos arquitectos, en especial dos máis novos ou incluso os que non están colegiados?

RenuevaConga (David Sarmiento): Ofreciéndole servicios atractivos y que le aporten un valor añadido.

CandidaturaCoag (Carlos Quintáns): Posibilitando unha colexiación económica, sendo un colexio resolutivo e que sirva de plataforma para o exercicio de todas as posibilidades de traballo que a nosa formación nos posibilita, por moi pequenas que estas sexan.

JoseBar+XoseAllegue (Jose Bar): Simplemente con que o colexio lles sexa útil, tanto dende o punto de vista instrumental cara ó exercicio profesional en toda-las novas formas nas que a arquitectura se exerce, como dende o punto de vista do valor do colexio como instrumento dignificador da profesión cara ao colectivo e sobre todo cara a sociedade.

RefundaciónCoag (Pablo Chao): Deberán reformularse las cuotas para conseguir que todos los arquitectos estén colegiados, independientemente de su situación profesional o económica, (por ejemplo para aquellos que no tengan ingresos que su cuota sea de 10€). Nosotros creemos en un modelo en el que todo el trabajo posible se derive hacia los propios colegiados (por ejemplo mediante becas temporales no prorrogables) y que de esta manera se revierta el gasto de personal en el propio colectivo, ayudando a integrarse a nuevos colegiados o a compañeros en situación precaria.

Decidetucoag (Antonio Maroño): O xeito de implicar aos arquitectos é abrir as portas do colexio e deixar que sexan eles os que desenvolvan os seus propios proxectos; que vexan que o colexio pode ser unha plataforma que os axude e oriente nas súas iniciativas, que permita usar a súa realidade física ou virtual, que sexa o apoio para que cada grupo poida desenvolver as súas propias ideas, sen interferencias.

Vocal. Jorge Duarte: Facendo un COAG máis económica, dinámico, que sexa útil para os colexiados. Colexiarse ten que supor obter ventaxas económicas en seguros e outros servizos. Polo tanto o COAG terá que adaptarse ás demandas dos arquitectos e ha de ser áxil e dinámico para responder aos cambios de futuro.

Vocal. Fran Rodriguez: HACIENDO UN COLEGIO ÚTIL , PRÁCTICO Y SOSTENIBLE, que nos aporte servicios de nuestro interés, de alto valor añadido, como por ejemplo creando viveros de emprendimiento en las hasta ahora vacías Delegaciones o apoyándonos en la internacionalización de los estudios o en la búsqueda de nuevos mercados.

17. ¿Cómo debe ser a relación coa Escola de Arquitectura?

RenuevaConga (David Sarmiento): Fluida y de colaboración.

CandidaturaCoag (Carlos Quintáns): Fluída e eficaz. É necesaria unha conexión moi forte xa que todos temos moito que gañar aproveitando as posibilidades que ofrece a Universidade.

JoseBar+XoseAllegue (Jose Bar): De irmandade. A Escola Pública de Arquitectura e o Colexio teñen que ser un “continuum” que se retroalimente. A escola debería preparar arquitectos na dirección que a sociedade demande e o colexio  debería ser garante de que os arquitectos cheguen ao exercicio profesional coa formación adecuada. Por iso nos parece importante a presencia de Cristóbal Crespo como vocal en representación da Escola de Arquitectura. Na mesma dirección debemos propoñer que a escola conte co colexio cando se produzan debates como o dos novos plans de estudio adaptados ás directrices marcadas na dirección de constituir o espacio Europeo de educación superior . Asimismo o colexio establecerá relacións coa AEEA-EAAE (Asociación Europea para o ensino da arquitectura) na dirección de colaborar na formación permanente dos colexiados. Outra cousa moi distinta é que os profesionales –profesores “copen “ os organos de goberno do colexio, porque se perdería a independencia na relación entre ambo-los dous organismos.

RefundaciónCoag (Pablo Chao): De colaboración muy estrecha, pero manteniendo integra la identidad del colegio. Son y deben de ser diferentes e independientes.

Decidetucoag (Antonio Maroño): A relación entre o colexio e a escola debe ser institucional, recollerse nos novos estatutos, e mentres tanto, propoñemos que o vocal pola Coruña sexa Cristóbal Crespo en representación da escola, e que podamos explorar xuntos a capacidade de colaboración de escola e colexio.

Vocal. Jorge Duarte: Débese acercar o COAG aos estudantes. Nesta liña tomáronse decisión como cotas reducidas de precolexiación ou a convocatoria dun Premio COAG para os Finais de Carreira que dan a coñecer o Colexio entre o alumnado. Dependerá de nós que o vexan útil e interesante.

Vocal. Fran Rodriguez: Cordial y colaborativa, pero absolutamente independiente. El Colegio debe ser una INSTITUCIÓN INDEPENDIENTE AL SERVICIO DE TODOS LOS COLEGIADOS Y ARQUITECTOS, ejerzan la profesión libre, docencia, emprendedores, en paro, expatriados, etc.

16. ¿Considerades conveniente a existencia dunha regulación mínima de honorarios de cara á súa incidencia na calidade do exercicio da profesión?

RenuevaConga (David Sarmiento): SI

CandidaturaCoag (Carlos Quintáns): Si, neste momento chegouse a uns honorarios que imposibilita o exercicio da profesión con dignidade. Dende o CSCAE xa se publicou a tradución da tarifa obrigatoria de honorarios de Alemaña e estanse a facer labores para volver estipular honorarios de referencia. Este labor corresponde dentro da organización colexial ao CSCAE e nós daremos todo o apoio e difusión a medidas nesa liña.

JoseBar+XoseAllegue (Jose Bar): Absolutamente si.

RefundaciónCoag (Pablo Chao): La ley prohíbe la regulación de honorarios, sin embargo nosotros proponemos que se elabore con carácter urgente un informe sobre los el costo de los trabajos más significativos de la profesión, evaluando las horas de trabajo necesarias para redactarlos, y los gastos operativos en los casos de un estudio pequeño y de un arquitecto independiente. No será un baremo de honorarios pues no se tendrá en cuenta el beneficio, solo los costos. El objeto de este informe es que sirva de guía a los que empiezan, y su utilización para el control de aquellos que realizan trabajos por debajo de coste, en defensa del consumidor (que tiene derecho a un servicio adecuado) y es práctica reiterada para ponerlo en manos de los tribunales correspondientes por competencia desleal.

Decidetucoag (Antonio Maroño): Cremos que non se pode entrar na fixación de honorarios, non é legal. Outra cousa é o modelo de honorarios de referencia como se empregan en Alemaña, que sería necesario analizar en profundidade. En todo caso o importante é atopar as vías para que en mercados abertos, os arquitectos teña capacidade para demandar máis honorarios e que a sociedade queira pagalos, e iso pódese facer.

Vocal. Jorge Duarte: Si, debíamos poder tela. Aínda que a lei impide regular honorarios debemos establecer uns custes mínimos do traballo arquitectónico. Nesa liña, desde o CSCAE elaborouse un banco de datos de honorarios a nivel europeo que se presentará próximamente e que nos permitirá aumentar o nivel medio de prezos estimado para o noso traballo.

Vocal. Fran Rodriguez: NO SOLO CONVENIENTE, SINO QUE MUY RECOMENDABLE, siempre que sea de mínimos y para garantizar la calidad de los trabajos. Acaso no la tienen en Alemania, como nos informaron los compañeros de Lugo en su web, y en la página del CSCAE.